jueves, 22 de enero de 2009

Obradoiro: A gaita no barroco francés





PROGRAMA
Contidos
As clases dividiranse en sesións de mañá e de tarde. Nas sesións de mañá introducirase ós alumnos en determinados contidos históricos, técnicos, estilísticos, etc. indispensables para abordar o repertorio en cuestión. As sesións de tarde consistirán en aulas individuais.
Parte teórica:
Introdución ó barroco francés
Características estilísticas da música francesa (agrements, inegalité, etc.)
Contexto interpretativo da mussette (formacións, formas musicais, etc.)
Parte práctica:
O alumno activo terá como mínimo unha sesión dunha hora. No caso de que o repertorio escollido polo asistente sexa algunha suite a dúo, trío-sonata, etc., pénsese na posibilidade de presentala con algún dos outros asistentes ó curso.
O repertorio a traballar basearase nas pequenas formas de autores como Boismortier, Chedeville, Naudot, Bordet, etc. A organización poderá facilitar o acceso ás obras a utilizar, tendo o alumno que contactar coa suficiente antelación para o seu estudo previo.
Lugar:
• Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol
Horario
• Xoves 26 de febreiro
20:00 h Concerto de Paulo Glez. Rdez.
• Venres 27 de febreiro: Inicio Curso
10.00 h – 13.00 h (clase teórica)
16.00 h – 19.00 h (clase práctica)
• Sábado 28 de febreiro:
10.00 – 13.00 (clase teórica)
16.00 – 19.00 (clase práctica)
As prazas son limitadas: máximo 6 alumnos activos, os alumnos aceptaranse por rigoroso orde de recepción dos boletíns de inscrición.
Alumnos ouvintes: sen límite
Prazo de inscrición: ata o luns 23 de febreiro, inclusive.
Os alumnos que precisen aloxamento poderán poñerse en contacto coa organización para facilitarlles o contacto cun establecemento.
A organización resérvase o dereito ós cambios que por forza deberan realizarse.

Información sobre a Musette de Cour AQUÍ

Dixitación, fotos... AQUÍ




Ver mapa más grande
Paulo González Rodríguez
Licenciado pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, Portugal, em Música Antiga na especialidade Flauta de Bisel;
titulado em Educaçom Musical pola Faculdade de Ciências da Educaçom da Universidade de Vigo, Galiza;
diplomado com o Título Profissional de Gaita no Conservatório Profissional de Música de Vigo;
realizou o Curso de sanfona no Conservatório de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo;
como flautista amplia o seu estudo com reconhecidas figuras da música antiga e contemporânea, quer como solista quer em música de câmara.
A sua actividade musical pública como intérprete desenvolve-se através de três instrumentos: flauta de bisel, gaita, e sanfona; incidindo no repertório ‘historicamente informado’ e no contemporâneo;
forma parte do consort de flautas A imagem da melancolia (www.aimagemdamelancolia.net);
é director e flautista do grupo Amar contra o silêncio, focado à interpretaçom de música medieval;
é director e flautista do grupo Xeometria Variábel, especializado no repertório do s. XVII;
é chamado para actuar como solista ou com outros grupos apresentando programas de música antiga ou contemporânea.
É professor de flauta de bisel no Conservatório de Vila Nova de Gaia (Portugal) e de gaita no Conservatório Profissional de Vila Garcia de Arousa (Galiza)
É malabarista.
E pirata.
E muitas outras coisas, musicais ou nom.

PREZOS: 30 € alumnos ouvintes;
60 € alumnos activos
Nota: Deberá remitirse este Boletín xunto co xustificante de ingreso da cota de inscrición en Caixa Galicia (Código conta cliente nº 2091-0200-02-3040110894), en concepto de “Obradoiro: A gaita no Barroco Francés” e o nome do alumno.
Correo electrónico: cmus.xanviano@edu.xunta.es
Web: http://centros.edu.xunta.es/cmusxanviano

1 comentario:

Lo que fizo la borona... dijo...

Un blog muy interesante. te invito a pasar por el mio

Lo que fizo la borona...



Un saludo desde Asturies